Arranca o Festival de Cans para volver encher de 'agroglamour' a aldea porriñesa
Arranca o Festival de Cans para volver encher de 'agroglamour' a aldea porriñesa
Janet Novás, María Vázquez, David Trueba ou o músico Kepa Junkera, entre os protagonistas desta XXI edición
Haberá 40 estreas, algunhas de cineastas criados en Cans, 30 curtas que se presentan a competición e 25 actuacións musicais
Os chimpíns quecen motores na xornada inaugural á espera de que cheguen os actos principais do festival a partir do xoves. Os baixos e pendellos que serven de improvisadas salas de cine prepáranse para acoller 40 estreas. Algunhas delas, obras con que debutan cineastas que pasaron por Cans.
No centro cultural do Porriño tivo lugar este martes a estrea do documental Acordamos, dirixido por Uxía Senlle e Lucas Terceiro, que repasa fitos da loita colectiva durante a Segunda República. Con Antía Muíño no acompañamento musical tras a proxección.
A actriz Janet Novás, nativa do lugar, poderá amosar o Goya aos seus veciños. María Vázquez recibirá o premio Pedigree. E a edición deste ano contará ademais coa presenza destacada de David Trueba. Trinta curtametraxes competirán nas distintas categorías e haberá 25 actuacións musicais. Unha das máis agardadas é a homenaxe a un vello coñecido do ghaliñeiro, Kepa Junkera, logo de sufrir ictus.
Actividades para todas as idades todos os días ata a clausura o sábado, co concerto de The Rapants.