Publicador de contidos
Publicador de contidos

A película 'Honeymoon', de Enrique Otero, abrirá o festival de Cans

A película 'Honeymoon', de Enrique Otero, abrirá o festival de Cans

O festival porriñés celebrará a súa vixésima edición en maio

María Vázquez, Javier Gutiérrez e Nathalie Poza asistirán á sesión de apertura

Presentación da vixésima edición do Festival de Cans. Foto: Cristina Padín. Presentación da vixésima edición do Festival de Cans. Foto: Cristina Padín.
G24.gal 23/03/2023 14:17

A vixésima edición do Festival de Cans desenvolverase entre 16 e 20 de maio nesta parroquia porriñesa. A película de apertura será 'Honeymoon', a última película de Enrique Otero, protagonizada por Javier Gutiérrez, Nathalie Poza e María Vázquez, que participarán na sesión de apertura do festival. O filme, participado pola Televisión de Galicia, acaba de presentarse no festival de Málaga e proxectarase en Cans antes da súa chegada ás salas de cines.

O certame porriñés acaba de presentar a súa imaxe para esta vixésima edición e xa puxo á venda as primeiras 300 entradas para asistir ao festival. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade