Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrinca a Festa da Istoria en Ribadavia

Arrinca a Festa da Istoria en Ribadavia

A edición número 33 chega tras dous anos de interrupción pola pandemia

Inés, veciña de Ribadavia, prepara a adega para a festa da Istoria
G24.gal 26/08/2022 21:17 Última actualización 26/08/2022 21:28

En cada nova edición da festa da Istoria, e esta é xa a número 33, aumentan a concorrencia e o programa da Pre-Istoria, a véspera do día grande. Todo para alongar un pouco máis a festa.

Pero hoxe segue a ser, tamén, día de preparativos. A Inés sorprendémola decorando a adega na que esta mesma noite empezará a recibir convidados. "Eran as cabalerías do castelo -explica- pero agora empregámolas para xuntarnos, tomar café, charlar... mentres participamos da festa que hai fóra". 

Nesta primeira xornada, os máis madrugadores foron os cativos, nos xogos medievais... E o mercado, ambientado tamén de época e con oficios tradicionais.

Yolanda Gómez, vicepresidenta da Fundación da Festa da Istoria: "Penso que vén con moita forza e con ganas de recuperar o formato que tiña antes da pandemia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar