Arrinca o curso na FP, unha modalidade educativa á alza
Arrinca o curso na FP, unha modalidade educativa á alza
Os ciclos relacionados coa sanidade, a informática e a automoción son os máis demandados
Aínda quedan prazas nalgúns ciclos ordinarios da FP , na FP Dual e nos másteres de especialización
Uns 59.000 estudantes de Formación Profesional comezan o curso esta semana. As prazas aumentaron un 4,5 % porque cada vez son máis os que apostan por este tipo de ensinanzas. De feito hai máis de 10.000 solicitudes en lista de agarda nos ciclos de maior demanda.
"É unha formación máis práctica e ten maior saída laboral"
"Aprendes moito e podes chegar onde queiras, como se foses á universidade"
"Eu non quería estudar na ESO, pero cando escollín mecánica puxen as pilas porque é o que me gusta", comentan algúns alumnos.
As titulacións máis solicitadas son as relacionadas coa sanidade, a informática e a automoción. No centro coruñés de Somesto non queda nin unha soa praza libre para os ciclos ordinarios da mañá. Pero si lles faltan alumnos noutras titulacións con traballo garantido.
Tamén quedan vacantes nos másteres da FP e nalgúns ciclos da FP Dual. Unha modalidade que combina a formación na aula con traballo remunerado en empresas, que, neste caso escollen os candidatos nunha entrevista previa á matrícula.