Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrinca o Entroido de Verín

Arrinca o Entroido de Verín

Hoxe celébrase o Xoves de Compadres, a primeira cita do Entroido

A medianoite, o maragato sairá en procesión flanqueado por gabardinas e petardos

G24.gal 01/02/2024 21:03

O maragato de 2024 ve o sol por derradeira vez. Esta noite morrerá na fogueira, coma os seus predecesores.

Carlos Salgado, autor do carro do maragato: "As mulleres, antigamente, facían uns bonecos para satirizar os homes. Colgábanos nos balcóns ou na praza e viñan os homes e queimábanos".

Arredor do carro están algúns dos autores do meco. Rolán é dos pioneiros, un convencido defensor da troula do entroido.

"Isto represéntanos a todos os que nos gusta vivir o Entroido, como fixeron os nosos avós e os nosos antepasados", enfatiza Rolán.

E Marcos é dos novos, garante de que non se perdan as tradicións: "É algo que vivín toda a vida e sempre me gustou moito".

Hoxe é o día dos compadres, unha xornada reservada aos varóns, pero tamén a todas as mulleres que se queiran infiltrar. "O que facemos é disfrazarnos de home e saír de festa", comenta unha muller.

A festa comeza coas ceas de grupo nos restaurantes e continúa a medianoite polas rúas da vila, coa procesión do maragato que cada ano perece na fogueira tras ser enxuizado.

Domingo Corredoiro

Coa celebración do xoves de compadres dáse por inaugurado o Entroido en Verín, aínda que para ver a figura principal, o cigarrón, completamente vestido e ataviado, hai que agardar ata o próximo domingo, o Corredoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade