Publicador de contidos
Publicador de contidos

190 alumnos de FP competirán en Silleda por ser os mellores da Galiciaskills 2023

190 alumnos de FP competirán en Silleda por ser os mellores da Galiciaskills 2023

A Formación Profesional volve á competición e pon a proba a destreza do seu alumnado

A sétima edición da Galiciaskills reunirá 84 centros de toda a comunidade 

Unha alumna de Tecnoloxía de Moda durante a realización da súa proba
G24.gal 25/10/2023 15:14 Última actualización 25/10/2023 16:32

A Galiciaskills volve a Silleda tras a parada da pandemia. Esta sétima edición das olimpíadas da FP volve aglutinar todas as probas nun mesmo recinto. De aquí sairán os nosos representantes para o certame nacional e Galicia nunca decepciona.

 "No campionato mundial que se celebraba o ano pasado no Worldskills, Galicia conseguiu unha medalla de bronce, que é a primeira medalla que consegue o equipo español nun campionato mundial", apunta Mª Eugenia Pérez, directora xeral de Formación Profesional.

Participan en 24 especialidades case 200 alumnos de 84 centros de toda Galicia. Dende hoxe e ata o venres poñerán a proba as súas destrezas.

"Teriamos que facer os patróns, facer toda a marcada que é o que me están corrixindo agora e despois teriamos que coselo todo no menor tempo posible e acabando a prenda cos menores erros posibles", explica Ángela Vila, alumna do ciclo superior de Vestiario á Medida.

Todos eles levan meses adestrándose, un traballo intenso que non sería posible sen a implicación do profesorado

"Son os mellores, son os que nos ensinan todo e os que están facendo posible que nós poidamos estar aquí ao final", recalca Ángela Vila, alumna do ciclo superior de Vestiario á Medida

"Estamos traballando con eles todo o mes de setembro e outubro, eu saía da casa ás sete e chegaba ás dez e media. Xa che digo abondo", puntualiza Avelina Amado, profesora no CIFP Paseo das Pontes

"Estanse formando, na actualidade,  o maior número da nosa historia, 64.500 alumnos están matriculados na FP e estamos constantemente intentando mellorar, de feito no orzamento deste ano duplicamos a partida de FP porque estamos seguros que é fundamental para os alumnos e para que as empresas poidan dotarse do máis importante, que é ter recursos humanos ben preparados, ben cualificados e con capacidades e destrezas en base ás demandas que ten a actual economía", expón Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade