As ópticas valoran a gratuidade das lentes a partir de 2025, pero teñen dúbidas sobre como se aplicará

As lentes son xa financiadas totalmente ou en parte noutros países europeos
Uns 30 millóns de españois usan lentes ou lentes de contacto. Non son financiadas pola Seguridade Social e supoñen un grande esforzo económico. Por iso o Ministerio de Sanidade lanza de novo o anuncio da súa gratuidade a partir de 2025, en principio para menores de idade de familias con recursos limitados.
Nas ópticas galegas aínda non coñecen os detalles dunha medida que ven con bos ollos pero que tamén vai presentar, na súa opinión, algunhas complicacións. Na rúa hai que pide que non sexan de balde exclusivamente para os máis novos. Tamén, por exemplo, para os pensionistas, porque o gasto pode chegar a ser moi elevado.
As lentes son xa financiadas totalmente ou en parte noutros países europeos, se ben neses casos non se fai a través dunha seguridade social pública como a española, senón de entidades privadas.