Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ópticos galegos saíron á rúa para concienciar sobre a saúde visual

Os ópticos galegos saíron á rúa para concienciar sobre a saúde visual

O 80 % da información que recibe o cerebro procede dos ollos

Os profesionais destacan os avances en lentes de contacto

G24.gal 10/10/2023 14:34

O 80 % da información que recibe o cerebro procede dos ollos. Só ese dato explica a necesidade de coidar en extremo a vista. No Día Mundial da Visión, os especialistas galegos saíron á rúa en Santiago para concienciar sobre a saúde visual. Este ano elixiron as lentes de contacto como referencia dos actos pola súa utilidade fronte á miopía, hipermetropía, astigmatismo e presbicia. Pero sempre baixo control.

Outro dos aspectos en que insisten os profesionais é no da atención temperá. Aseguran que as revisións e a corrección de defectos visuais na infancia e adolescencia son vitais para evitar problemas de visión na idade adulta. Sinalan, por exemplo, que na fase educativa pode haber fallos de comprensión e aprendizaxe por causa de problemas nos ollos non detectados.

Este ano o Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia xa funciona de xeito autónomo e non como delegación do de Madrid, como viña sendo ata agora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar