Publicador de contidos
Publicador de contidos

As adegas Terras Gauda e Gargalo alíanse para impulsar a súa expansión

As adegas Terras Gauda e Gargalo alíanse para impulsar a súa expansión

Suman forzas co obxectivo común da internacionalización dos viños

G24.gal 15/04/2024 15:55

Nos últimos meses está habendo moitos movementos nas bodegas galegas. Desembarcaron empresas de fóra que están mercando parcelas senlleiras e tamén vemos adquisicións de firmas galegas entre elas. 

O grupo Terras Gauda e Adegas Gargalo (presidida por Roberto Verino) selaron este luns unha "alianza estratéxica", que se plasma na entrada do primeiro no capital social de Gargalo, coa adquisición dun 25 %, e coa incorporación dos seus viños á oferta que xa ten Terras Gauda.

Con esta alianza estratéxica, os dous adegueiros perseguen un obxectivo común. Trátase dun compromiso a medio e longo prazo para impulsar a súa expansión. Terras Gauda adquire o 25 por cento da adega de Verín Gargalo, polo que incluirá na súa oferta o seu godello, moi demandado polo mercado internacional. 

Ambas adegas suman forzas na busca dun obxectivo común poñendo o foco de xeito especial na internacionalización dos viños. 

O presidente de Terras Gauda, José María Fonseca, e o presidente de Adegas Gargalo, Roberto Verino, destacaron que ambos teñen os mesmos obxectivos: "a singularidade, a excelencia, o vínculo aos seus respectivos territorios e a posta en valor das variedades autóctonas".

Segundo explicaron, o equipo humano de Terras Gauda, "en estreita colaboración" co de Gargalo, asumirá a xestión "de todas as áreas de actividade, principalmente a dirección enolóxica, empresarial e comercial ademais da loxística ou da internacionalización".

Fonseca e Verino cualificaron o acordo como "un pacto entre cabaleiros" e subliñaron o seu compromiso "a medio e longo prazo" sobre a base dos valores que comparten: a estreita relación entre ambas as sociedades, o traballo "ben feito", a amizade entre ambos sen esquecer "o respecto e a admiración mutua".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade