Publicador de contidos
Publicador de contidos

As advertencias do FMI, por Venancio Salcines

As advertencias do FMI, por Venancio Salcines

Os axustes orzamentarios pendentes da inflación e dos xuros da débeda

G24.gal 13/04/2023 08:07

O Fondo Monetario Internacional, de modo regular, fai as súas previsións de crecemento tanto globais como nacionais. Habitualmente, sitúanse na tendencia xa por todos coñecida, pero neste caso fai algo mais, rompe o discurso do goberno. E faino cunha lóxica difícil de rebater.

O primeiro e mais importante é recordar que os axustes orzamentarios do presidente Sánchez son mérito exclusivo da inflación. Os excesos de recadación son os que permiten axustar o déficit público e aliviar a débeda pública.

Pero como todos sabemos, e o propio Goberno repite ata a extenuación, a inflación no dura toda a vida e por tanto os ingresos extraordinarios da facenda pública van desaparecer. Isto que quere dicir, que se non aplica políticas de axustes non acadará o meta fixada pola Unión Europea.

A segunda advertencia son os xuros da débeda, están a medrar e van requirir un esforzo engadido por reducir a ratio débeda/PIB. Pero isto lévanos ao punto de partida, que é o déficit público, ou, dito doutra maneira, o superávit primario

E isto que significa? Que España ten que pagar o seu gasto corrente co seu ingreso corrente. Se fose unha familia diriamos que ten que vivir co que gaña. E se non é capaz só pasa unha cousa, máis débeda. Isto é xustamente o que ve o FMI para España, unha incapacidade total para reducir o déficit e polo tanto para reducir a débeda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade