Publicador de contidos
Publicador de contidos

As ANPA de Narón néganse a seguir xestionando os almorzos escolares

As ANPA de Narón néganse a seguir xestionando os almorzos escolares

Demandan que o Concello ou a Xunta se fagan cargo do Programa Madrugadores a partir do curso que ven

As ANPA dos seis centros públicos mobilizáranse ata logralo porque din que a xestión do servizo supera as súas capacidades

G24.gal 16/04/2024 14:41

Nos seis centros de ensino público do concello de Narón hai servizo de almorzos escolares. O Programa Madrugadores funciona entre as 7.30 e as 9 da mañá para facilitar a conciliación laboral das familias.

Está custeado en parte polo Concello e xestionado polas ANPA, pero os responsables destas entidades están decididos a non seguir así a partir do curso que vén, porque segundo o seu voceiro, Jaime Acuña, membro da Anpa do CEIP da Gándara, supera as súas competencias e tamén as súas capacidades de xestión. 

"É bastante traballo porque cada ano cambia a cousa e durante todo o curso son requirimentos e requirimentos".

As ANPA de Narón din que se mobilizarán ata que logren o seu obxectivo As ANPA de Narón din que se mobilizarán ata que logren o seu obxectivo

As ANPA dos seis centros -CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CRA de Narón e CPI O Feal- decidiron coordinarse para esixir que o dos almorzos sexa un servizo de xestión pública directa que se preste con todas as garantías.  

"Queremos que o servizo sexa igualitario para todas as familias, que se faga por renda coma o comedor e que os rapaces que o precisen sexan atendidos por un coidador ou unha coidadora".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade