Publicador de contidos
Publicador de contidos

As autoridades de Turquía e Siria rexistran máis de 20.000 vítimas mortais

As autoridades de Turquía e Siria rexistran máis de 20.000 vítimas mortais

 Os terremotos deixan tamén 70.000 persoas feridas en ambos os dous países

Rescate dun sobrevivente na cidade turca de Hatay
G24.gal 09/02/2023 13:52 Última actualización 09/02/2023 19:59

Catro días despois dos terremotos que devastaron o sur de Turquía e o nordeste de Siria, as posibilidades de atopar sobreviventes redúcense considerablemente, a pesar dos esforzos dos equipos de rescate que seguen buscando signo de vida baixo os cascallos.

Sobrevivente como Abdulalim, que coas escasas forzas que lle quedan fai un sinal coa man aos rescatadores. Nacido ao outro lado da fronteira, en Siria, chegou a Hatay fuxindo da guerra civil e fundou unha familia.

Despois de varias horas de traballo, Abdulalim foi liberado, cuberto de po, cun ollo inchado e deshidratado, pero sobreviviu. A muller e as dúas fillas, non.

Os corpos recuperados superan xa os 17.000 entre ambos os dous países e as persoas feridas son máis de 70.000.

"Estas bolsas son para o meu irmán, o seu fillo menor e as mulleres de ambos, para que os poñan nelas", di Ibrahim, veciño de Jandaris, unha das cidades máis castigadas pola traxedia.

As autoridades turcas calculan que son miles as persoas que permanecen atrapadas baixo os máis de 6 mil edificios derrubados, pero a moitas zonas aínda non chegaron os equipos de busca nin a axuda humanitaria.

No norte de Siria, a situación é peor. A zona quedou sen a electricidade que recibía desde Turquía e os grupos de voluntarios que levan o peso do rescate están chegando ao límite das súas forzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade