Publicador de contidos
Publicador de contidos

As avarías e a falta de puntualidade complican as conexións da alta velocidade entre Galicia e Madrid

As avarías e a falta de puntualidade complican as conexións da alta velocidade entre Galicia e Madrid

Tres meses despois da chegada dos S106, só un de cada cinco chega puntual ao seu destino

G24.gal 20/08/2024 14:55

Atrasos que van de minutos, a complicacións nos trens coma este procedente de Vigo que chegaba este martes Á Coruña con máis de quince minutos de atraso. 

"Estou esperando polo meu fillo que vén de Vigo. Tería que chegar hai dez minutos e non hai sinais de vida", di un usuario.

"Dixéronnos que houbo problemas cun motor e tivemos que cambiar de tren en Santiago", explica un viaxeiro.

Atrasos que se veñen unir as continuas incidencias dos AVE e os AVLO. En Galicia os servizos ferroviarios de alta velocidade fan tres meses de funcionamento e as 3 horas e media de traxecto comprometidas con Madrid seguen lonxe de conseguirse.

"Os servizos que veñen desde Madrid chegan mais tarde", relata unha viaxeira.

Tan só un de cada cinco servizos do AVE ou AVLO chegan con puntualidade ao seu destino.

"Ao non ter persoal no verán aumentan  os problemas de puntualidade porque non hai os maquinistas necesarios", xustifica Lucas García da plataforma Perder o Tren.

Os usuarios reclaman máis información e uns horarios axeitados.

"Reclamamos un servizo de calidade enfocado ás necesidades dos galegos. Somos moitos traballadores e estudantes que usamos a diario o tren que demandamos que se fagan uns horarios adecuados aos que usamos diariamente o tren, sobre todo os chamados trens madrugadores", demandan desde a plataforma.

Renfe ten previsto sumar novas frecuencias de alta veloicidade a partir de outubro, tal e como se comprometera o ministro de Transportes, na súa visita a Galicia. Óscar Puente comparecerá no Senado este venres a petición do PP para dar conta das incidencias na rede ferroviaria este verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade