Publicador de contidos
Publicador de contidos

As bases do PSdeG elixen o seu secretario xeral entre Caballero e Formoso

As bases do PSdeG elixen o seu secretario xeral entre Caballero e Formoso

O PP cre que os socialistas galegos elixen o candidato máis submiso a Ferraz

Están chamados a votar algo máis de 10.000 militantes 

Caballero e Formoso animan á "participación masiva"

G24.gal 30/10/2021 11:41

Os socialistas galegos elixen este sábado líder e proxecto para os próximos catro anos nun proceso interno de primarias no que se enfrontan o actual secretario xeral, Gonzalo Caballero, que aspira a revalidar o cargo, e o presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso.

Caballero votaba na súa agrupación en Vigo. Pedía unha "participación masiva" da militancia e chamaba ao voto "libre e sen presións" para "lograr un PSdeG máis forte".

"O poder do voto sempre é positivo e nas primarias se acertamos no proxecto sairemos todos máis fortes, cun PSdeG máis vivo máis revitalizado capaz de facer fronte á era da Galicia postcovid. A miña preocupación son os galegos e as galegas e espero ter o PSdeG máis forte para poder servir a Galicia"  asegurou Gonzalo Caballero, candidato á Secretaría Xeral do PSdeG.

González Formoso votaba nas Pontes, agrupación na que se amosaba optimista de conseguir gañar. Alí tamén animaba á participación masiva.

Tras depositar o seu voto, falaba de  "compromiso", de "unidade" e de "integración" no seu proxecto para o PSdeG.

"Foi un dos temas que máis expliquei durante toda a campaña, eu creo que no ADN persoal, na miña educación persoal, non concibo iniciar un proxecto para Galicia sen unidade e sen integración", destacou Valentín González Formoso, candidato á Secretaría Xeral do PSdeG

Algo máis de 10.000 militantes están chamados a votar nos centros electorais habilitados polo partido nas distintas agrupacións. A partir das oito da tarde farase reconto de votos e comezarase a enfilar o futuro do PSdeG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade