Publicador de contidos
Publicador de contidos

As bestas baixan xa do monte para a Rapa de Sabucedo

As bestas baixan xa do monte para a Rapa de Sabucedo

Esta rapa, con tres séculos de tradición, estréase como Ben de Interese Cultural

G24.gal 05/07/2024 14:53

Todo listo para que arranque este sábado o espectáculo da Rapa das Bestas de Sabucedo. De momento, as bestas aínda están baixando do monte para a posta a punto na rapa, que ten o seu momento grande no curro, pero moito traballo detrás. 

Este sábado, a partir das sete da tarde, primeira loita corpo a corpo dos aloitadores e aloitadoras cos animais. Todo un equilibrio de forzas.

"É mais tecnica ca forza. Dous aloitadores van á cabeza e un ao rabo. Están prohibidos paus, é unha loita limpa", explican os participantes

A Rapa das Bestas estrea nesta edición a protección como Ben de Interese Cultural, pola tradición, polo ritual, pola técnica que mamaron dende pequenos dende hai polo menos 300 anos. O espectáculo está asegurado. De momento, quedan entradas, pero só para o luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar