O segundo curro de Sabucedo deixa máis bestas rapadas e desparasitadas
O segundo curro de Sabucedo deixa máis bestas rapadas e desparasitadas
Os cativos son os encargados de separar os poldros antes de que empece a rapa das bestas
O público queda abraiado da afouteza dos aloitadores no curro
Segundo curro desta edición e os aloitadores volven á súa angueira no medio das bestas do Santo e repítese o ritual. O primeiro salta enriba do cabalo, o segundo bótalle a man á crina e o terceiro ao rabo, para inmobilizalo.
Minutos despois, comeza outra nova loita corpo a corpo, aperta ao pescozo e o animal déixase rapar mentres o público queda abraiado.
"É moi impresionante como os baixan do monte, como os meten e apartan os pequenos".
"É unha maneira de preservar o monte e as tradicións. A min é algo que me gusta moito, a valentía dos aloitadores, a iniciación, a pureza á hora de tratar os propios animais".
"É a pelexa do home contra a besta. Impresiona moito. Hai que ter valor para se meter aí".
"Paréceme que se expoñen moito. Nin un pau ves. É moi limpo e creo que se coidan moito os animais".
As últimas bestas por rapar e desparasitar quedan para o curro do luns, antes de deixalas a todas ceibas de novo.