Segundo curro multitudinario na Rapa das Bestas de Sabucedo
Segundo curro multitudinario na Rapa das Bestas de Sabucedo
Na cita deste domingo quedaban aínda 160 bestas por rapar
O último curro da Festa da Rapa 2024 será este luns
As bestas volvían entrar no curro de Sabucedo no mediodía deste domingo. Tras a primeira xornada da tarde do sábado, aínda quedaban uns 160 animais por rapar e desparasitar.
"Aquí durante tres días facemos este traballo respectuoso, coidamos dos cabalos, axudámoslle á xente e sobre todo vémonos coa familia e cos amigos durante tres días ao ano, di Samuel Touriño", relata Samuel Touriño, aloitador de Sabucedo.
"É imposible de explicar, é a miña familia, é o meu sangue e teño que facelo", explica o aloitador Pablo Cabada.
Nas bancadas, ateigadas por segundo día, ninguén perdía ollo do corpo a corpo entre as bestas e as persoas encargadas de aloitalas, non todas naturais de Sabucedo.
"Non, eu son de Zaragoza. Teño familia aquí. Considéranme fillo adoptivo, afortunadamente, e déixanme participar. E levo aquí case desde que teño uso de razón, desde os cinco anos que empecei cos poldros", conta o aloitador Alberto Muñoz.
As últimas bestas vanse rapar no curro deste luns, co que se pecha a Festa. Despois céibanas para que regresen aos montes de Sabucedo, un hábitat natural que a Asociación Rapa das Bestas considera ameazado polos proxectos eólicos que pretenden asentarse na zona.