Sabucedo celebra o primeiro curro da súa Rapa das Bestas
Sabucedo celebra o primeiro curro da súa Rapa das Bestas
Xuntaron 220 cabalos salvaxes que baixaron dos montes da parroquia de Sabucedo
A Rapa das Bestas acaba de ser declarada Ben de Interese Cultural
Desde o ano 2007 é Festa de Interese Turístico Internacional
Desde o cerrado onde pasaron a noite acurran as bestas ata Sabucedo. Os preparativos comezaron o venres nos montes da parroquia. Ducias de voluntarios botaron o día á procura dos animais. Xuntaron 220 cabalos salvaxes, que entrarán no curro para a primeira das tres rapas que se van celebrar entre o sábado e o luns.
"Á xente que nos gusta é unha cousa bonita de vivir. É un sitio bonito para estar, un día distinto".
"Cando o curro está cheo de cabalos, a verdade é que impresiona".
Sabucedo, que ten apenas 60 habitantes, convoca milleiros de persoas nesta festa declarada en 2007 de Interese turístico Internacional. Para a rapa de hoxe e a de mañá xa non quedan entradas.
"Non hai entradas, non tiñamos moita información, pero veremos o ambiente dos cabalos".
"Vímolo na televisión, informámonos e decidimos pasar aquí as vacacións".
Hai 150 medios acreditados, entre eles de Australia, Estados Unidos, Corea ou Xapón. As imaxes da loita ancestral entre as bestas e os aloitadores volverán dar hoxe a volta ao mundo.