Publicador de contidos
Publicador de contidos

As bibliotecas galegas celebraron o seu día con actividades para todos os públicos

As bibliotecas galegas celebraron o seu día con actividades para todos os públicos

Dende 2014 as bibliotecas galegas tamén ofrecen libros en formático electrónico

G24.gal 24/10/2022 22:01

O silencio das bibliotecas agocha unha vida chea de actividades. Dende os estudantes e lectores voraces aos máis cativos. Todos atopan o seu espazo. 

Neste día, coámonos dun dos clubes de lectura que acolle o centro Juan Compañel de Vigo, onde as usuarias nos explican que a biblioteca lles facilita exemplares dos libros que len e despois analizan.

Dende 2014 as bibliotecas galegas tamén ofrecen libros en formático electrónico, sen ter que saír da casa. Con todo, non baixan os préstamos de exemplares en papel. 

En Galicia, ao ano pasan polas bibliotecas públicas máis de 5 millóns de cidadáns e préstanse máis de 2 millóns de libros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade