Cargando resultados...
As candorcas danan un veleiro a cinco millas da illa de Sálvora
As candorcas danan un veleiro a cinco millas da illa de Sálvora
Agárdanse máis avistamentos de candorcas para estes días
G24.gal
07/07/2023 16:44
Os científicos alertaron xa hai uns días de que as candorcas estaban chegando ás augas galegas dende o estreito de Xibraltar.
Era un grupo moi numeroso que seguía un banco de atúns a unha velocidade de 5 nós.
Houbo algún avistamento, pero ao lonxe.
Foron os 3 tripulantes do Delfyna os que comprobaron como en cuestión de segundos un grupo de candorcas que viron ao lonxe xa estaban arremetendo contra o veleiro.
En poucos segundos danaron o enganche dunha das pas do barco.
O ataque produciuse a cinco millas da illa de Sálvora. Pese aos danos, e sobre todo ao susto, puideron seguir ata porto, xa que tiñan dúas pas coas que manter o control do veleiro.