Publicador de contidos
Publicador de contidos

As casas do maior ofrecen 520 prazas gratuítas de atención diúrna en municipios pequenos

As casas do maior ofrecen 520 prazas gratuítas de atención diúrna en municipios pequenos

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou o novo centro de día de Malpica

G24.gal 14/01/2023 14:33 Última actualización 14/01/2023 15:25

Algo máis de cincocentas persoas reciben atención diúrna nalgunha das casas do maior que hai en Galicia. A última acaba de empezar a funcionar en Camariñas. Con este e outros servizos de proximidade a Xunta quere levar os coidados aos maiores que viven en localidades pequenas, como Malpica, que está a piques de abrir un novo centro de día.

Aínda quedan algúns trámites por completar, pero a antiga Casa do Oleiro de Buño está lista para recibir os novos usuarios. Era un servizo moi agardado que finalmente se concretou grazas ao traballo conxunto da Xunta e do Concello de Malpica. O centro de día de Buño atenderá vinte persoas.

O goberno autonómico aposta por reforzar servizos de proximidade coma este, como o Programa Coidados Porta a Porta ou como o servizo de axuda no fogar, que leva coidados profesionais aos domicilios de 25.000 maiores.

A conselleira de Política Social, Fabiola visitou as instalacións malpicás e despois desprazouse a Camariñas para coñecer a segunda casa do maior do municipio. Actualmente hai abertas 105 por toda Galicia con máis de cincocentas prazas gratuítas de atención diúrna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade