Cargando resultados...
As chamadas comerciais quedan prohibidas a partir do próximo día 29
As chamadas comerciais quedan prohibidas a partir do próximo día 29
A Axencia de Protección de Datos poderá iniciar un expediente en caso de que se produzan
Só as recibirán os usuarios que previamente desen o seu consentimento
G24.gal
18/06/2023 21:03
Última actualización 18/06/2023 21:29
Ofrecen melloras, cambios de tarifa ou de compañía. Son chamadas comerciais tamén coñecidas como spam, que a miúdo supoñen un trastorno para o usuario.
A partir do día 29 xa non se poderán facer este tipo de chamadas, a non ser que o usuario o consinta. A nova lei xeral de telecomunicacións así o especifica. De non respectar a normativa, a Axencia de Protección de Datos poderá iniciar un expediente sancionador, unha situación que reforza os dereitos dos usuarios.