A choiva continua impide plantar a pataca na Limia e a semente estase derramando
A choiva continua impide plantar a pataca na Limia e a semente estase derramando
Da colleita de cereal xa dan por perdido o 70 % da produción deste ano
A estas alturas de maio e na Limia, a principal comarca agrícola do país, a pataca está aínda sen sementar. Con tanta choiva, as leiras están enchoupadas e non pode entrar a maquinaria para poder traballar. E, o peor, estase botando a perder a semente, que este ano foi excesivamente cara.
As parcelas da Limia precisan un respiro. No que vai de ano choveu xa máis da media anual e a terra non dá tragado para poder sementar a pataca.
Necesitarían máis de quince días sen auga para que seque a terra e poder comezar cos labores previos á sementeira.
E hai un problema engadido, a semente almacenada estase derramando. Este ano por escaseou e os produtores de pataca mercárona antes para non quedar sen ela e a prezos moi elevados, o dobre que outros anos. Por cada 20 hectáreas de pataca, a media produtiva na Limia, cada agricultor investiu en semente máis de 90.000 euros. Cada día que pasa sen plantar, perden moito.
Na Limia recollen cada campaña de media uns 120 millóns de quilos de pataca, o que aconteza este ano dependerá do tempo. Do cereal xa dan por perdido o 70 por cento, pola choiva.