Publicador de contidos
Publicador de contidos

As chuvias deixan un cento de mortos e centos de desaparecidos na India

As chuvias deixan un cento de mortos e centos de desaparecidos na India

Tres mil persoas tiveron que ser trasladadas a campamentos de rescate

G24.gal 30/07/2024 16:42 Última actualización 30/07/2024 16:59

As fortes choivas que azoutaron este martes o sur da India causaron polo menos 113 mortos e centos de desaparecidos por varios corrementos de terra.

Máis de 3.000 persoas tiveron que ser trasladadas a campamentos de socorro, mentres os labores de rescate seguen en marcha.

A catástrofe tivo lugar no distrito montañoso de Wayanad de madrugada.

Varias avalanchas de terra levaron por diante casas, estradas e unha ponte crucial nesta rexión, deixando atrapadas centos de persoas.

A maioría de afectados atopábase durmindo no momento do suceso.

Ademais dos mortos hai centos de desaparecidos e 128 feridos.

A cifra de vítimas podería cambiar, posto que moita xente segue atrapada baixo os entullos.

Segundo o xefe de Goberno, máis de 3.000 persoas afectadas foron trasladadas a 45 campamentos de socorro.

"Iniciáronse os trámites para entregar alimentos e subministracións básicos. Dous vehículos con 20.000 litros de auga potable chegarán á zona do desastre. Déronse instrucións aos traballadores sanitarios que se atopan actualmente de permiso para que volvan aos seus postos de inmediato, engadiu.

Nas operacións de rescate participan efectivos da Policía, ademais de 321 membros do corpo de Bombeiros. A eles súmanse máis de cen persoas da Forza Nacional de Resposta a Desastres, varios equipos da Autoridade de Xestión de Desastres do Estado de Kerala, e persoal da Armada e do Exército indio.

Algúns equipos da unidade canina tamén chegaron nas últimas horas para axudar na procura de desaparecidos.

O Goberno de Kerala decretou dous días de loito e aprazou todos os eventos públicos e celebracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade