As científicas reclaman políticas de conciliación e referentes para superar a fenda de xénero
As científicas reclaman políticas de conciliación e referentes para superar a fenda de xénero
As mulleres son case o 60 % do persoal de investigación, pero a porcentaxe redúcese no liderado dos grupos
As mulleres representan o 59,3 % nos grupos de investigación en Galicia, segundo o informe da Unidade Mulleres e Ciencia.
A proporción é maior que no conxunto do Estado, onde a cifra cae ao 41 %. A celebración hoxe do Día Internacional da Muller e da Ciencia pon de manifesto a fenda de xénero que existe neste eido, xa que nas áreas de enxeñaría e tecnoloxía a cifra descende ao 12 %.
Desde a súa creación, en 1985, só dúas mulleres dirixiron unha das factorías de talento máis emblemáticas da Universidade de Vigo. No conxunto da escola, as mulleres son o 23 % do alumnado, pero no derradeiro curso de Enxeñaría de Telecomunicación só representan o 18.
A presenza das mulleres entre o persoal investigador vai desaparecendo conforme se avanza na carreira científica cara a postos de responsabilidade.
Na Universidade de Vigo, por exemplo, só un terzo dos líderes dos grupos son mulleres.