Estas son as claves para comer saudable sen gastar moito
Estas son as claves para comer saudable sen gastar moito
Caeu un 57 % o consumo de alimentos frescos
O prezo dos alimentos en España subiron un 22 %
Os nutricionistas aconsellan comer legumes, ovos e verduras, e cociñar con pouco aceite para comer saudable e barato
Preguntamos na rúa se é posible facer menús saudables con pouco presuposto.
"A día de hoxe iso é case imposible".
"Home, si, si, sen dúbida".
Buscamos algúns exemplos.
"Unhas boas lentellas con verdura, e estás ben alimentado para dous días".
"Unhas fabiñas con chouriciño picadiño".
"Pois uns garavanzos cunhas verduriñas, unha cabaciña cunha berenxena".
Coa cesta da compra á alza, os nutricionistas din que é posible comer ben e barato, e descifran algunhas claves. Os legumes son imprescindibles para poder conseguilo.
"Podemos optar por potaxes que poden ser xa prato único con verdura tamén de temporada, e como achegan proteína de calidade, achegan fibra e minerais e vitaminas, e practicamente cero graxas, son unha alternativa ideal para todos na casa", apunta Amil López, nutricionista e doutora en Farmacia.
Tamén os ovos ocupan un lugar destacado.
"É unha proteína de altísimo valor biolóxico, de feito é a proteína patrón, moi barata, e gusta moitísimo a todos na casa, e moi versátil", continúa.
Non podemos esquecernos da verdura, que pode ser fresca e tamén...
"E tamén podemos optar por conservas de verdura ou verdura conxelada, que tamén mantén as súas propiedades e a un prezo bastante accesible", indica a nutricionista.
Botar man das patacas, que tamén son moi versátiles, e cociñar con pouco aceite son outros dos consellos para...
"Para que esteamos todos ben alimentados a un menor prezo posible".