Os nutricionistas desaconsellan as dietas drásticas para eliminar os quilos de máis
Os nutricionistas desaconsellan as dietas drásticas para eliminar os quilos de máis
Para moitos, un dos propósitos da volta das vacacións é perder os quilos que gañamos durante o verán
Os expertos recomendan planificar as comidas e introducir alimentos saudables
Os días de bar de praia e comidas deixan bo sabor de boca, pero pasan factura con excesos que provocan unha carga no organismo.
Perder os quilos de máis que nos deixaron os días de vacacións convértense no obxectivo coa volta á rutina. Para eliminalos os nutricionistas recomendan fuxir das dietas drásticas
Pola contra, aconsellan planificar as comidas e introducir alimentos saudables.
A receita complétase coa práctica do deporte que acelera o metabolismo e axuda a queimar a graxa.
Unha boa dose de vontade será definitiva para acadar o obxectivo de desfacernos deses quilos de máis.