Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suplir a falta de vitamina D evitaría moitos problemas de saúde, co conseguinte aforro en fármacos

Suplir a falta de vitamina D evitaría moitos problemas de saúde, co conseguinte aforro en fármacos

Preserva o sistema óseo, pero tamén o muscular, o cardiovascular ou o imnunitario

Félix Aragunde 12/01/2024 20:59 Última actualización 12/01/2024 21:57

Preserva a saúde dos ósos, pero tamén os sistemas muscular, cardiovascular ou imnunitario. Son tantos os beneficios da vitamina D, que mesmo nos pode axudar a reducir o consumo de fármacos.

Así o destacaron nunha charla organizada, por vez primeira en conxunto, polos diversos colexios de profesionais sanitarios de Lugo.

María Hernández Bascuñana, nutricionista: "Meses de déficit prolongado implican menos vitalidade, menos forza, sobre todo nas persoas maiores. Incluso fatiga e dor muscular. Tamén nas neuronas actúa esta vitamina, polo que se ve unha mingua en forma de fatiga mental". 

A vitamina D resulta tan accesible que mesmo se pode obter do sol, que é de balde. Tamén se pode inxerir a través do fígado do gando criado ao aire libre, dos ovos campeiros, de peixes coma o bonito, a xarda ou o salmón e tamén de cogomelos coma os champiñóns.

María Hernández Bascuñana, nutricionista: "Igual que os humanos precisamos sol, os animais tamén. Neste século, os alimentos empobrecéronse nesta vitamina, debido á produción en intensivo. Outra alternativa son os concentrados de vitamina D3".

De feito, o consumo de suplementos nutricionais no norte de Europa explica que a súa poboación teña polo inverno menos déficit de vitamina D que a do noso país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade