Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obradoiros de cociña para pacientes con cancro que precisan menús adaptados

Obradoiros de cociña para pacientes con cancro que precisan menús adaptados

Cunhas sinxelas pautas nutritivas e cun obxectivo claro: mellorar a súa calidade de vida

O obradoiro está organizado pola Área Sanitaria de Lugo e a asociación Cociñeiros de Lugo
G24.gal 20/09/2023 18:43 Última actualización 20/09/2023 20:29

Un de cada dez pacientes oncolóxicos ten que ser hospitalizado por desnutrición, e a gran maioría sofren moitas molestias á hora de comer. Nestes obradoiros de cociña que promoven a Área Sanitaria de Lugo e a asociación Cociñeiros Lugo tentan facerlles a vida máis doada.

Todo iso, cunhas sinxelas pautas nutritivas e cun obxectivo claro, mellorar a súa calidade de vida. Os cociñeiros din que é ilusionante poder axudar. Por exemplo, aos que sofren mucosite. Máis aló destes obradoiros, ábrense a elaborar un amplo libro de receitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade