Publicador de contidos
Publicador de contidos

As comparsas regresan á Coruña con ganas de recuperar o tempo perdido

As comparsas regresan á Coruña con ganas de recuperar o tempo perdido

A xente abarrotou o centro porque había moitas ganas atrasadas

G24.gal 26/02/2022 22:25

A Coruña recuperou o Entroido. E o Entroido recuperou A Coruña. A xente abarrotou o centro porque había moitas ganas atrasadas.

De animar a festa encargáronse as comparsas, que este ano fixeron un desfile máis curto, pero tan vistoso coma sempre.

O Entroido é unha festa internacional e interxeracional. Cumpriron coa cita os máis veteranos. E non fallaron os disfraces en familia.

Volveu a música ás rúas, a explosión de cor e irreverencia dun Entroido moi desexado que o próximo martes levará de volta a Monte Alto a gran festa choqueira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade