Publicador de contidos
Publicador de contidos

As comunidades de propietarios atrasan a carga dos depósitos da calefacción polo prezo

As comunidades de propietarios atrasan a carga dos depósitos da calefacción polo prezo

Os administradores piden medidas para rebaixar as facturas ante o aumento da morosidade

G24.gal 17/08/2022 14:20

A incerteza da evolución dos prezos dos carburantes está facendo que moitas comunidades de veciños atrasen a carga dos depósitos da calefacción. Encher as caldeiras de gasóleo dun edificio medio pasou nos últimos meses duns 15.000 euros a 30.000. Os propietarios botan contas. Desde as distribuidoras din que están agardando unha rebaixa pero o prezo diminúe moi pouco a pouco.

Nas últimas semanas o gasóleo C que se emprega para a calefaccións está a 1,30, pero chegou a estar preto dos dous euros o litro.

Os elevados gastos que hai que afrontar están provocando un aumento da morosidade nas comunidades de propietarios. Por iso piden medidas que axuden a rebaixar os gastos. Entre elas, o Colexio de Administradores de Fincas reclaman que non se aplique o IVE sobre todos os impostos que levan os hidrocarburos.

A incerteza económica está botando atrás os proxectos para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios. Din desde o colexio de administradores de fincas que nin as axudas europeas están animando a afrontar este gasto extra para as comunidades de propietarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade