As comunidades autónomas do norte piden amparo á Comisión Europea para protexer o lobo
As comunidades autónomas do norte piden amparo á Comisión Europea para protexer o lobo
Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias aseguran que a información enviada polo Goberno a Europa está nesgada
Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias piden amparo á Comisión Europea pola protección do lobo en España. Segundo as catro comunidades autónomas, os datos enviados polo Goberno a Bruxelas son erróneos e o estado de conservación da especie sería moito mellor.
A petición xa está en Bruxelas. Un recurso contra a decisión do Goberno de incluír o lobo na Listaxe de Especies con Protección Especial dentro dos seus territorios.
Galicia e as outras tres comunidades enviaron datos e informes propios que amosarían un estado de conservación do lobo máis favorable ao norte do Douro. Entre as catro albergan o 98 % dos exemplares da especie.
O Comisario europeo de Medio Ambiente analiza agora se houbo cambios nos criterios estatísticos, como denuncian Galicia e as outras tres comunidades. O que tería favorecido unha maior protección do lobo, en prexuízo dos gandeiros e traballadores agrícolas.
Bruxelas tamén podería estudar a creación de criterios homoxéneos para toda Europa cos que modular a protección de especies como o lobo, de alto valor cultural, científico e ecolóxico.