As costas dos españois soportan todo, por Venancio Salcines
As costas dos españois soportan todo, por Venancio Salcines
Cando era novo e aínda estaban frescos os tempos dos monopolios estatais, era frecuente que nas clases da facultade os estudantes tiveramos que aprender os comportamentos monopolistas. E había unha cousa que sempre tiñamos clara, as súas ineficiencias pagábanas os seus clientes, raramente a organización.
España ten por diante, cara ó 2024, un reto por diante, e este é acadar un déficit público non superior ó 3 % do PIB. Dado que agora estamos preto do 4 %, a meta é un aforro dun un por cento, e dicir, duns trece mil millóns de euros. Cantidade que coincide co esforzo que asume o Goberno de España co plan de axudas xerado para soportar o gromo de inflación do ano pasado. Polo tanto a lóxica é evidente, eliminamos o plan de axudas e acadamos a meta de déficit público, e iso é o que vai ocorrer.
Pero, podería ocorrer outra cousa? Si, a primeira delas aproveitar os excesos de recadación por mor da inflación. A segunda, o que faría calquera fogar, quitarlle ós orzamentos familiares os gastos innecesarios que ten enriba. Pero o Goberno de España considera moitas cousas, pero nunca discute sobre un adelgazamento da administración pública. Algúns informes falan de que poderíamos acadar unha redución de custos de 60.000 millóns de euros sen rozar a calidade da educación, a sanidade e as pensións.
Pero una tarefa dese alcance require dun importante apoio parlamentario, algo que pode ter Sánchez, pero non para este obxectivo. Así que, o Goberno fará o de sempre, comportarse como un monopolista e trasladar os custos ás familias, elas serán as que terán que soportar esas medidas e algo máis, un gromo de inflación.
Estímase que a retirada das medidas poderá bater nun 1,5 %, que, sumado á inflación que temos de vento de cola, nos leva a una situación, manter una taxa de inflación o ano que vén por enriba do 4 %. É dicir, seguirá subindo a cesta da compra e seguirán sen baixar os xuros das hipotecas e do financiamento da economía privada.