Publicador de contidos
Publicador de contidos

As deficiencias do servizo de telefonía en Portugal continúan despois do ataque cibernético

As deficiencias do servizo de telefonía en Portugal continúan despois do ataque cibernético

A rede de Vodafone Portugal caeu o pasado martes, afectando máis de 4 millóns de usuarios

O servizo de voz foi totalmente restablecido, pero aínda hai fallos coa rede 4G

Sede de Vodafone Portugal en Lisboa Sede de Vodafone Portugal en Lisboa
Alberto Mancebo 09/02/2022 15:32

Se visitaron ou foron traballar onte ou hoxe a Portugal probablemente notasen que existen algúns problemas de conexión co seu teléfono móbil. A razón é que unha das maiores empresas de telecomunicacións do país, Vodafone, sufriu un ataque cibernético deixando millóns de usuarios sen servizo. A maioría dos clientes recuperaron por completo a rede tanto de voz como de datos, pero aínda persisten problemas de conectividade co 4G, unhas deficiencias que os móbiles galegos tamén sofren ao conectarse a Vodafone se visitan Portugal.

Concretamente catro millóns e medio de clientes víronse afectados por este ataque á empresa Vodafone. Tanto as chamadas como Internet e a televisión deste servizo caían o pasado martes totalmente durante unha hora. Isto tamén afectou os móbiles dos galegos que cruzaron a raia ou que xa estaban aquí e que se conectan co roaming á rede Vodafone.

Dende a empresa din que tardarán unhas horas en restablecer os servizos totalmente, pero aseguran que os piratas non lograron obter datos de clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade