Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG promete ser a voz da pesca galega en Bruxelas

O BNG promete ser a voz da pesca galega en Bruxelas

As demandas do sector do mar centran da interparlamentaria do BNG que se celebrou en Ribeira

G24.gal 03/05/2024 15:11

A interparlamentaria do Bloque Nacionalista Galego analizou na lonxa de Ribeira as demandas do sector marítimo e pesqueiro. Xunto á portavoz nacional, Ana Pontón, participaron a candidata da formación ás eleccións europeas, Ana Miranda, así como os representantes no Congreso e o Senado, e o alcalde da vila.

Pontón dixo que o sector é a columna vertebral da economía galega, e propuxo varias medidas para reactivalo ante o que considera unha xestión ineficaz. 

"Tanto o sector pesqueiro como o sector marisqueiro teñen serios problemas que os gobernos non están sendo capaces de enfrontar, non o fai nin o Partido Popular na Xunta nin o Goberno central co Partido Socialista. Nós estamos do lado da xente do mar, da defensa do dereito a seguir vivindo do noso traballo", asegurou a líder nacionalista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade