O BNG reivindica a forza do feminismo organizado para frear a onda machista e reaccionaria
Ana Pontón reivindica no 8-M que as mulleres poidan "vivir en liberdade e igualdade plenas"
Ana Pontón, participou esta mañá acompañada dunha delegación de mulleres con responsabilidades políticas e institucionais, na declaración política con motivo da conmemoración do 8 de marzo.
A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, reivindicou a forza do feminismo rebelde e organizado para frear o avance da vaga machista e reaccionaria.
"Queda moito por facer e hai que pisar o acelerador das políticas de igualdade", subliñou, e pediu participación nas mobilizacións do 8-M porque "as mulleres queremos vivir en liberdade e igualdade plenas".
O BNG tamén propuxo este 8-M, Día Internacional da Muller, unha auditoría da situación laboral das mulleres na contratación pública, tanto cando se sufraga total como parcialmente; unha valedoría da igualdade con funcións de investigación, mediación e sanción; e unha rede pública de coidados e conciliación.
Son "propostas concretas fronte á propaganda", asegurou a voceira nacional do Bloque, Ana Pontón, na lectura dunha declaración institucional en Santiago, na que reivindicou a axenda feminista, o "orgullo, a loita e a rebeldía".