Publicador de contidos
Publicador de contidos

As denunciantes do caso da Maruxaina celebran a reapertura do caso

As denunciantes do caso da Maruxaina celebran a reapertura do caso

A Audiencia de Lugo ordena investigar o que sexa preciso para atopar os responsables

Investigan un correo electrónico e unha IP relacionados co caso

As denunciantes confían en que se atopen os responsables das gravación
G24.gal 12/11/2021 20:35

Nunca perderon a esperanza de que se fixese xustiza, pero despois de dous reveses nos xulgados, as denunciantes da Maruxaina non as tiñan todas consigo. Agora a Audiencia de Lugo devólvelles a confianza. O tribunal ordena que se abra unha investigación e se faga todo o posible por atopar os responsables. 

Estamos moi contentas e esperanzadas en que a investigación consiga atopar os responsables das gravacións, di Jasone Lorenzo, voceira da Asociación Mulleres en Igualdade.

Lembramos que ducias de mulleres graváronas cunha cámara oculta mentres facían as súas necesidades na rúa durante as festas da Maruxaina. Logo estas imaxes subíronse a varias páxinas pornográficas.

O xuíz de Viveiro que arquivou a causa deberá indagar como fixeron as gravacións nunha zona acoutada ao trafico onde, con todo, había dous coches que ocultaban as cámaras. Deberá pedir información á empresa que alugou un deles.  

E ademais, pediráselle ao concello de Cervo que aclare se este coche tivo que pedir permiso para acceder a esa zona. 

O xuíz tamén deberá pedirlles ás webs que identifiquen as persoas que subiron as imaxes á Internet. De momento xa teñen un enderezo electrónico e a dirección IP dun ordenador que pode conducir aos responsables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade