Cargando resultados...
As deputacións da Coruña e de Lugo piden máis fondos para os concellos
As deputacións da Coruña e de Lugo piden máis fondos para os concellos
Os presidentes dos entes provinciais presentan no Parlamento os orzamentos do 2023
G24.gal
03/11/2022 13:23
Na cámara galega comezaron as comparecencias dos presidentes das deputacións para presentar os orzamentos do 2023.
Os primeiros en cumprir con este trámite foron Valentín González Formoso, titular da Deputación da Coruña e José Tomé, presidente da Deputación de Lugo. Os dous destacaron que a achega aos concellos realizada polos entes provinciais é moito maior e máis equitativa que a feita pola Xunta.
Esta tarde comparecerá Xosé Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.
Carmela Silva xa anunciou que non acudirá a presentar as contas da Deputación de Pontevedra malia que ten a obriga legal de facelo.