Publicador de contidos
Publicador de contidos

As direccións do PP galego e do PSdeG desautorizan a moción de Sada

As direccións do PP galego e do PSdeG desautorizan a moción de Sada

Consideran que non é o momento porque só faltan seis meses para as eleccións municipais

G24.gal 05/11/2022 09:00 Última actualización 05/11/2022 09:12

As direccións do Partido Popular galego e do PSdeG desautorizaron, a través de pronunciamentos de senllas cúpulas provinciais, a moción de censura presentada este venres no Concello de Sada.

Os concelleiros de ambos os dous partidos uníronse a Alternativa dos Veciños para desbancar o actual alcalde, Benito Portela. Acúsano de falta de transparencia e desidia institucional, entre outros motivos.

Propoñen, no seu lugar a voceira de Alternativa, que forma parte do goberno municipal. Populares e socialistas consideran que non é o momento de presentar esa moción porque só faltan seis meses para as eleccións municipais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade