Publicador de contidos
Publicador de contidos

"As eléctricas están usando gas en lugar da hidráulica para así gañar máis"

"As eléctricas están usando gas en lugar da hidráulica para así gañar máis"

G24.gal 21/06/2022 09:38

As compañías eléctricas están deixando de producir luz nos encoros para así usar máis as centrais de gas e polo tanto gañar máis cartos.

É a argumentación que deixou no Galicia por diante Javier Santacruz, economista especializado en mercados enerxéticos.

"As renovables é certo que houbo condicións meteorolóxicas desfavorables e, polo tanto, axudaron pouco. Pero o problema témolo, sobre todo, coa auga, a enerxía hidroeléctrica, que é a que case actúa máis ou menos de alter ego do gas nos momentos sobre todo en que hai que estabilizar o sistema. Estase usando máis gas en detrimento da enerxía hidráulica e polo tanto iso o que fai é contribuír a un maior encarecemento do prezo final".

Santacruz tamén di que o sistema que aprobou o Goberno para deixar o gas fóra do mercado dos prezos da luz non está dando resultados. Destaca que Francia e mesmo Marrocos están comprando máis electricidade ca nunca en España, xa que os prezos son máis baixos, polo que aumenta a demanda e polo tanto hai que tirar máis das centrais de gas.

"O tomar esta medida de compensar o sobrecusto do gas foi unha mala medida. Foi unha medida que non vai conseguir unha redución substancial dos prezos para os consumidores finais e sobre todo había mellores ferramentas e mellores instrumentos que facer isto".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade