Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas enerxéticas prepáranse para un cambio masivo dos clientes cara ás tarifas reguladas do gas

As empresas enerxéticas prepáranse para un cambio masivo dos clientes cara ás tarifas reguladas do gas

As axudas do plan enerxético procovan consultas masivas ás comercializadoras

G24.gal 20/10/2022 14:42

Ás portas das compañías eléctricas non deixan de chegar clientes buscando unha rebaixa da factura.

As tarifas do mercado libre quedaron limitadas pola compensación do tope ao gas introducida nas facturas. Agora as axudas chegan ao mercado regulado do gas.

"Como hai unha intervención pública potente a xente abandona ese mercado libre, suxeito a un pacto contractual coa compañía, polos beneficios ".

Durante todo o 2023 prorrógase o tope ás subas que poden aplicarse á tarifa regulada do gas e ademais créase unha nova á que poderán acollerse as comunidades de veciños que teñen calefacción central. Os consumidores din sentirse desconcertados ante os continuos cambios no mercado.

"Ten que haber un control exhaustivo sobre si as empresas gasísticas están dando información acaida e se están tramitando con toda celeridade o cambio do mercado libre ao regulado".

As grandes empresas eléctricas din que están preparadas para o transvasamento masivo de clientes e xa reforzaron as canles de comercialización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade