Cargando resultados...
As empresas galegas temen os efectos económicos da guerra entre Rusia e Ucraína
As empresas galegas temen os efectos económicos da guerra entre Rusia e Ucraína
Os sectores máis afectados son o da automoción, o téxtil e o da transformación de peixe conxelado
G24.gal
24/02/2022 14:38
As empresas galegas temen as consecuencias económicas da guerra entre Rusia e Ucraína. Moi atenta está a industria pesqueira, que o ano pasado se achegou aos 25 millóns de euros en vendas de peixe conxelado a Rusia e Ucraína. Temen, ademais, a repercusión do aumento dos prezos do petróleo, do gas e o transporte.
Especialmente preocupados tamén no sector do metal, coa automoción á cabeza, con exportacións que o ano pasado superaron os 48 millóns de euros. Os empresarios falan dun efecto dominó no incremento dos prezos. En xogo 220 millóns de euros na balanza comercial cos dous países en conflito.