Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas organizan cursos para paliar a escaseza de profesionais cualificados

As empresas organizan cursos para paliar a escaseza de profesionais cualificados

Unha vintena de alumnos participan nos cursos de soldadura e fontanería do polígono de San Cibrao das Viñas

Teñen unha porcentaxe de ocupación que supera o 90 por cento

Curso de soldadura no polígono de San Cibrao das Viñas
G24.gal 23/05/2022 14:52

Con 400 empresas e máis de oito mil traballadores, o polígono industrial de San Cibrao das Viñas ten dificultades para cubrir determinados perfís profesionais. Unha situación xeneralizada no ámbito empresarial.

José Antonio Rodríguez Araújo, presidente dos empresarios do polígono de San Cibrao das Viñas: "Soldadura, fontanería, electricidade... Temos que unir: universidade, con Formación Profesional e empresa".

Para cubrir esas necesidades, imparten eles mesmos a formación. Cursos de oitocentas horas que forman traballadores cualificados.

Carlos Rabanal, profesor de soldadura: "O meu cometido é ampliarlles a formación, non só ao mercado laboral de aquí -automoción- senón tamén soldadura naval, soldadura de alta presión, como oleodutos, gasodutos...".

A principal motivación dos participantes é a alta porcentaxe de ocupación, case do 100 por cento: "Eu creo que é un curso moi completo, porque son sete ou oito meses, non quince días". "Sempre me chamou a atención a soldadura e creo que ten saída, así que, tamén para ver se me sae traballo".

As condicións laborais tamén son un estímulo: "Debido á gran demanda que hai, as ofertas tanto económicas como outras condicións son moi boas", asegura Rabanal.

Tamén dan un curso de fontanería, onde o auxe das reformas disparou a demanda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade