Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas terán que medir os niveis de radon e protexer o seu persoal do gas

As empresas terán que medir os niveis de radon e protexer o seu persoal do gas

O 70 % do territorio galego presenta altas concentracións deste elemento químico

No 18 % dos fogares supera os límites recomendados pola OMS

G24.gal 13/04/2024 12:52 Última actualización 13/04/2024 18:00

Galicia é a comunidade coa maior superficie afectada polo radon, un gas de orixe natural, incoloro, inodoro e insípido.  

Investigadores da Universidade de Santiago realizaron máis de 6.000 medicións en vivendas galegas. Atoparon que no 18 % dos fogares se superan os límites recomendados pola Organización Mundial da saúde.

"Canto máis radon hai nun espazo interior, maior é o risco de desenvolver un cancro pulmonar. Está demostrado en numerosos estudos realizados tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Pero tamén é certo que a principal maneira de reducir o risco de cancro de pulmón é deixar de fumar".

As plantas baixas son as que poden ter concentracións máis elevadas deste gas. O Plan Nacional contra o Radon busca identificar os postos de traballo máis expostos e reducir os riscos.

"Estamos falando de postos de traballo localizados en edificios antigos, mal illados do subsolo. Por estudos realizados en Galicia e noutras comunidades sabemos que hai tendencia a ter concentracións elevadas en certos sitios".

A última modificación do Código Técnico de Edificación realizada en 2019 recolle medidas para evitar a concentración de gas radon nos edificios.

Para as vivendas construídas con anterioridade, existen aparellos que extraen o aire co radon antes de que penetre no inmoble. A ventilación natural tamén é eficaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade