Cargando resultados...
As enfermeiras, claves na loita contra a trata de mulleres
As enfermeiras, claves na loita contra a trata de mulleres
Sobre 45.000 persoas son vítimas de tráfico de seres humanos en España
G24.gal
21/01/2022 21:01
Ao redor de 45.000 persoas son vítimas dalgunha modalidade de tráfico de seres humanos en España, a maioría, mulleres que sofren explotación sexual.
O Colexio de Enfermería de Ourense acolle estes días un curso co que se pretende formar este colectivo para detectar mulleres vítimas de tráfico, o primeiro paso para poder axudalas. A fiscal de Estranxeiría, Pilar Manso, dálles algunhas claves para identificalas.
"Manifestacións non verbais, tenden a non falar, manteñen unha postura de medo constante e de control cara á porta por se as están vixiando, trastornos alimentarios, tamén adicións, porque así son captadas para o tráfico", explica Pilar Manso.