Publicador de contidos
Publicador de contidos

As familias afectadas pola derruba dun muro en Ourense levan dous meses fóra da casa

As familias afectadas pola derruba dun muro en Ourense levan dous meses fóra da casa

Din que están preocupados porque non saben cando poderán regresar

G24.gal 04/05/2023 15:59

Preocupados e a punto de esgotarse a súa paciencia. Así din sentirse as cinco familias desaloxadas das súas casas, despois de que o pasado 1 de marzo se derrubara un muro na rúa Fonte do Monte, en Ourense. Polo de agora non poden volver ás vivendas, e parece que a solución non está preto, dous meses despois. 

O derrubamento, o pasado 1 de marzo, dun muro que separaba esta propiedade do patio do colexio Cardenal Cisneros fixo que cinco familias deste edificio, da rúa Fonte do Monte, tivesen que deixar as súas vivendas por seguridade.

Agora, máis de dous meses despois, seguen sen poder volver e reclaman que ninguén lles está a ofrecer ningunha solución. Mentres, algúns foron acollidos por familiares e outros tiveron que buscar outras solucións, afrontando eles os gastos. 

Aínda que o edificio está estable, o mesmo informe indica que por meteoroloxía hai risco de desestabilización do terreo, por iso se precisan algo das súas casas só poden acceder a elas acompañados dos bombeiros. Tamén o colexio segue a sufrir as consecuencias, pois o patio no que caeu toda a terra segue sen poder empregarse.

Piden, ao igual que os veciños, unha pronta solución e que alguén tome parte, sexan as administracións públicas ou a empresa que realizaba as tarefas de canalizacón do gas, para acometer as obras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade