Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a derruba do colexio de Massanassas en que morreu un traballador

Investigan a derruba do colexio de Massanassas en que morreu un traballador

Desde a ANPA lamentan o sucedido e pensan que se puido evitar

A derruba no colexio de Massanassa sementou dúbidas noutros concellos

G24.gal 25/11/2024 14:50

Flores no colexio de Massanassa lembran o traballador morto o domingo ao caer a estrutura metálica do patio. Estaba, canda compañeiros de Tragsa e a UME limpando o lodo no exterior. 

Desde a AMPA lamentan o sucedido e pensan que se puido evitar. Cren que o colexio tería que ser derrubado.

Segundo o alcalde de Massanassa, estaba "clasificado en cor vermella, dos que habería que facer novo" polos danos causados pola riada. Desde a consellería de Educación recoñecen danos estruturais pero manteñen que "en ningún caso estaba cualificado como un centro que podía colapsar".

Os preto de 500 alumnos volveron hoxe ás clases na antiga Escola de Maxisterio de Valencia.

O derrube no colexio de Massanassa sementou dúbidas noutros concellos. En Benetússer decidiron adiar a reapertura dos centros ata que Educación certifique por escrito que a volta é segura. Unha decisión que colleu por sorpresa aos pais que estaban preparados para levar os nenos a clase.  

E mentres, continúa a investigación para saber que provocou o colapso no colexio de Massanassa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade