As familias do Villa de Pitanxo responsabilizan a Delegación do Goberno de non falar co Executivo
As familias do Villa de Pitanxo responsabilizan a Delegación do Goberno de non falar co Executivo
Reunironse en Madrid con representantes de distintos partidos no Congreso
O grupo parlamentario socialista comprometeuse a trasladarlle ao Goberno as reividicacións das familias
Os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo mantiveron hoxe en Madrid encontros con distintos grupos parlamentarios no Congreso. A todos lles pediron o apoio para que o Goberno poña en marcha unha operación para baixar ata barco.
Despois dun día cargado de contactos políticos, os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo sacan unha conclusión e apuntan á Delegación do Goberno
O grupo parlamentario socialista comprometeuse agora a trasladar ao Goberno a reivindicación das familias. Antes reuníronse cos partidos da oposición. Pídenlles o seu apoio e trasladáronlles que hai que aproveitar os meses de verán para poder baixar ao barco afundido en augas de Terra Nova. O BNG apoia as súas demandas e pídelle ao Goberno que deixe de poñer escusas.
Apoio tamén por parte do Grupo Popular, que levará unha pregunta ao pleno do Congreso para que todos os grupos se poidan pronunciar sobre a apertura dunha investigación sobre o naufraxio.
Non hai tempo que perder. É agora ou nunca. Baixar ao barco, din os familiares, é a única forma de saber a verdade da traxedia do Villa de Pitanxo