Publicador de contidos
Publicador de contidos

As familias galegas gastarán na volta ao cole un 20 % máis que en 2019, último ano prepandemia

As familias galegas gastarán na volta ao cole un 20 % máis que en 2019, último ano prepandemia

G24.gal 26/08/2022 21:05

A volta ao cole este ano suporá para as familias galegas un desembolso medio de 272 euros. É a cifra que recolle un estudo elaborado pola entidade financeira Cetelem.

Supón un 25 % menos que en 2021 cando o gasto medio se disparou ata os 360 euros. Pero comparado co último ano prepandemia, o 2019, volver ao cole será un 20 % máis caro.

Segundo o mesmo estudo, seis de cada dez familias galegas apuntan que se verán afectadas pola inflación polo que xa buscan fórmulas de aforro como aproveitar material de anos anteriores, mercalo de segunda man.

Na rúa as familias preguntadas consideran que o produto en que máis notaron a suba de prezos son os libros.

Malia todo, a conta atrás comezou e estes días librarías e papelerías son un rebulir de nais, pais e estudantes á procura de libros de texto e material escolar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade