Publicador de contidos
Publicador de contidos

As farmacias poderán vender compostos de cánnabis dentro de 6 meses

As farmacias poderán vender compostos de cánnabis dentro de 6 meses

O Congreso avala o seu uso en doenzas oncolóxicas e outras como a endometriose, sempre con receita médica

G24.gal 21/06/2022 19:13

 O Congreso avala o uso medicinal do cánnabis. Dentro de seis meses, todas as farmacias poderán dispensar fórmulas maxistrais con extractos ou preparados estandarizados desta substancia. Antes, a Axencia Española do Medicamento deberá aprobar as condicións para a súa venda.

A proposta  recibiu os votos a favor de PSOE, Unidas Podemos, Cidadáns, PNV e  PDeCAT, as abstencións de ERC e EH  Bildu e o rexeitamento do PP e  Vox, avalou por primeira vez a regulación do uso terapéutico do cánnabis para certo tipo de doenzas como a dor oncolóxica ou a  endometriose, sempre con receita médica e de dispensa farmacéutica.

Aínda que non estaba na proposta inicial do PSOE, que restrinxía a dispensa ás farmacias comunitarias, finalmente incorporouse a petición de varios grupos para que se explore "a alternativa das farmacias comunitarias que poidan reunir os requisitos", reza o documento.

A posibilidade de "dispensar o cánnabis de uso medicinal a través da rede de farmacias comunitarias é unha opción que, sobre todo, beneficiará o paciente", sinalan dende o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade